AVENTUREIROS JONES
Sabemos querido equipos Jones que sodes uns auténticos expertos en descibrir tesouros e descifrar enigmas.
Se buscades pola vosa zona de traballo atoparedes un libro extraño. Non debería estar aí. Fixádevos ben. Que tipo de libro é?
Coma sodes moi curiosos ides botarlle unha ollada, parece antigo.
Imos fixarnos nun mapa de Europa. Buscade na rede un mapa actual. Percibides algunha diferenza?
Parece que o mundo cambiou bastante pero nos mapas hai moita información que de seguro é un misterio para todos vos.
Os piratas, corsarios e, desde logo, os grandes descubridores coma marco Polo, Colón ou Magallanes eran grandes especialistas entender a cartografía.
Equipo Jones, imos comezar unha aventura. Un auténtico traballo de campo onde ides investigar, descifrar e aprender. Coma vos aventureiros necesitades un "DIARIO DE AVENTURAS" que faredes usando o WRITER.
Neste diario iremos anotando todas as nosas pescudas.
A vosa primeira misión consiste en averiguar estas 4 cousas. Coma sodes catro podedes dividir o traballo pero todos tedes que ter información das catro investigacións no voso "DIARIO DE AVENTURAS". Tedes información no apartado de recursos pero tamén podedes usar outras fontes.
-
Buscaredes que é a cartografía e información sobre algún cartógrafo importante e os seus logros. Este serviramos de inspiración para o resto do noso traballo.
-
Averigaremos coma se fan os mapas e que aparellos se utilizan.
-
Como vístedes no mapa os territorios van cambiando. Tentade averiguar que motivos fan que isto pase.
-
Por último, debedes saber que elementos compoñen un mapa e cal é o seu significado. Son todos os mapas iguais ou hai mapas diferentes
ÁNIMO JONES! ISTO É SO O PRINCIPIO