top of page
INICIO DE PROXECTO
Actividades:
1. O teu equipo ten un tema para investigar debedes buscar información na rede e escribir un guión sobre os aspectos que ides traballar.
2. Crearedes un cartafol no escritorio que se chama proxecto deportes
3. Buscaredes imaxes na rede relacionadas co voso proxecto e as gardaredes no cartafol do escritorio.
4. Cando teñades o guión feito e as imaxes gardadas ides crear unha presentación usando o programa IMPRESS. Aquí tedes un titorial. Tedes o programa clicando no inicio, no apartado de ofimática.
5. A vosa presentación será un resumo dos aspectos que ides a investigar durante e teredes que presentalo ao resto da clase. Cada equipo terá unha nota pola súa presentación e nesa nota tamén influirán as opinións do resto dos equipos.
Ao rematar a sesión do 14/10/19 estará feito o guión e a carpeta coas fotos. Unha copia do guión se entregará as mestras.
Ao rematar a sesión do 4/11/19 as presentacións estarán feitas e gardadas no cartafol dos deportes.
Na sesión do 12/11/19 teredes 20 min para repasar a presentación e logo todos os equipos presentarán o seu traballo ao resto da clase.
IMPORTANTE: PRAZOS DE ENTREGA
bottom of page